"Alberte I" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1298-1308) da familia dos Habsburgo, primoxénito de Rodolfo I, Duque de Austria (1282-1308), duque de Estiria e do Landgraviato de Alsacia. Arrebatou a dignidade imperial a Adolfo de Nassau, vencido e morto en Gölheim (1298). O Papa Bonifacio VIII recoñeceuno Emperador ata que desfixo a alianza con Filipe IV o Belo (1302). Morreu asasinado por Xoán de Suabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica (1909-1934). Segundo fillo de Filipe, conde de Flandres, sucedeu ao seu tío Leopoldo II (1909). Membro do senado (1893-1898), casou con Elisabeth de Wittelsbach (1900). Encabezou as tropas belgas a raíz da ocupación de Bélxica por Alemaña (1914), tendo que trasladar o seu goberno a Le Havre, onde colaborou cos aliados. Creou a Academia Real da Lingua e da Literatura Francesas (1920). Durante o seu reinado implantouse o sufraxio universal (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Oso (? 1100 - 1170) Margrave de Brandenburgo, conde de Ballenstedt. Recibiu de Lotario II a marca do Norte (1134). Designado herdeiro de Brandenburgo por Pribizlav, príncipe eslavo (vend), confirmou esta posición ao vencer o vend Zeczo Köpenic (1157). Colonizou o L con holandeses e flamencos e fundou Stendal (1151).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Mónaco, de nome Honoré Charles Grimaldi. Estudiou oceanografía e organizou expedicións científicas polo Atlántico e o Mediterráneo. Fundou o Museo Oceanográfico de Mónaco (1899) e o Instituto Oceanográfico de París (1906). Baixo a súa dirección elaboráronse unha serie de mapas batimétricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Duque de Prusia (1525-1568) e último Gran Mestre da Orde dos Cabaleiros Teutónicos (1511-1525). Converteuse ao protestantismo, secularizou Prusia e fíxoa un ducado herdeiro baixo a soberanía de Polonia (1525). No 1544 fundou a Universidade de Königsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1363-1389). Duque de Mecklenburg-Schwerin, fillo do Duque Alberte II. No 1363 derrocou o seu tío Magnus e abrigouno a renunciar a el e o seu fillo Haakon II ao trono sueco no seu favor. Margarida, Raíña de Noruega e viúva de Haakon II, invadiu Suecia e desposuíuno (1389).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1438-1439), Duque de Austria (Alberte V, 1404), Rei de Hungría (1437) e de Bohemia (1437). Fillo do Duque Alberte IV de Austria, casou (1422) con Elisabeth, filla do Emperador Segimon, a quen sucedeu en Hungría e en Bohemia, onde non foi aceptado polos húsares, aos cales combatera. Loitou contra os turcos otomanos e morreu cando batallaba contra Murad II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Sabio ou o Coxo (Viena 1298 - 1358) Duque de Austria (1330-1358), da familia Habsburgo, fillo de Alberte I. Gobernou xunto co seu irmán Otón; morto este (1339), posuíu todos os territorios dos Habsburgo. Polo seu matrimonio con Xoana (1324), filla de Ulrich, foron incorporadas Carintia, Carniola e o condado de Pfirt (1335). Someteu os cantóns de Glaris e Zug.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica, fillo de Leopoldo III e Astrid de Suecia. Sucedeu o seu irmán Balduíno I de Bélxica (1993). O 21 de xullo de 2013 abdicou en favor do seu fillo,  o actual rei de Bélxica Filipe I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Trenza (Viena 1349 - Laxenburg, Austria 1395) Duque de Austria (1365-1395) da familia Habsburgo, fillo de Alberte II. Gobernou xunto co seu irmán Leopoldo III; as diverxencias xurdidas entre eles conduciron á división de Neuberg (1379), orixe dos bandos “albertino” e “leopoldino” no seo dos Habsburgo. Alberte conservou a Alta e a Baixa Austria. Morto Leopoldo (1386), Alberte acordou unha tregua cos suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Paciente (Viena 1377 - Klosterneuberg, Baixa Austria) Duque de Austria (1395-1404) fillo de Alberte III. Agrupouse no bando albertino dos Habsburgo. Polo Tratado de Hollenburg (1395), gobernou xunto con Guillem, fillo do seu tío Leopoldo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.

    VER O DETALLE DO TERMO