Carlos Alberte I de Sardeña
Carlos Alberte I de Sardeña
Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Turín -
Deceso
Lugar : Porto