"Alcántara" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres (Extremadura) á beira da confluencia do Alagón e o Texo (1.876 h [1996]). No seu termo, sobre o Texo, encóntrase a ponte romana de Alcántara (s I d C) de seis arcos, 194 m de lonxitude e 71 m de alzada máxima; é unha das pontes romanas máis grandes e mellor conservadas. A vila foi definitivamente reconquistada aos musulmáns no 1212 por Afonso IX. En 1479 celebrouse nela unha entrevista entre Isabel I de Castela e a súa tía Beatriz de Viseu, cuñada do Rei Afonso V de Portugal, preliminar doTratado de Alcaçovas.O convento de San Bieito, casa da Orde de Alcántara reconstruído entre o 1499 e o 1577, está en ruínas. Igrexa parroquial de Santa María de Almocóvar con fachada románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo andaluz. Fundou e dirixiu a revista La Escuela Moderna. Autor, entre outras obras, do Compendio de la Pedagogía, libro de grande influencia e difusión no seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e tradutor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona en 1953, foi director da Escola de Turismo da Coruña e colaborou en La Voz de Galicia, Atlántida, Vida Gallega e El Ideal Gallego. No 1954 obtivo o Premio Nadal con La muerte le sienta bien a Villalobos; no 1957 o Premio Hércules de Prata do Teatro Nuevo da Coruña con La herida en la mano, e o Premio da Asociación de Prensa de Ourense. Trasladouse a Roma en xullo do 1972 onde publicou Antología de la Literatura Española (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
1854 - Madrid 23.11.1881) Xornalista andaluz, considerado galego de adopción, que colaborou na prensa do país defendendo temas e intereses de Galicia. Participou na redacción de El Comercio Gallego da Coruña, El Deber, La Constancia e El Anunciador de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Orde de Alcántara comezou a súa andaina como confraría de cabaleiros radicada no convento de San Xião de Pereiro, preto de Cinco Vilas, na Beira Alta portuguesa. Aparece mencionada por primeira vez en xaneiro do 1176, cando o Rei Fernando II de Galicia e León agasallou os citados cabaleiros co lugar de Pereiro, na persoa de Gómez, fundador da casa. O Papa Alexandre III aprobou a nova Orde, concedéndolle protección papal e a exención de certos dezmos (29.11.1176), sendo confirmados os privilexios por outros pontífices. Adoptou no 1190 a Regra do Císter, ben que mantendo certo sometemento respecto da Orde de Calatrava (xa antes do 1187). Entre 1188 e 1196 esténdese por Castela, adoptando o nome de Orde de Trujillo. A relación con Calatrava causou disputas, que se resolveron mediante un convenio segundo o cal os de Pereiro prometían obedecer o mestre de Calatrava e recibir as súas visitas de inspección; a cambio a Orde de Calatrava entregoulles todas as posesións que tiña no Reino de León...
-
PERSOEIRO
Décimo terceiro duque do Infantado, de Lerma, de Pastrana e de Francavilla, marqués de Tavara. Organizou un rexemento contra os franceses en Catalunya e na Guerra dos Taronhes (1800). Privado de Fernando VII, formou parte das xuntas da Terceira Rexencia (1812) e da Xunta Provisional de 1823. No 1824 foi Presidente do Goberno e Ministro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor probablemente portugués do que apenas se rexistran datos e que compuxo unha “pregunta” dirixida a Gómez Manrique tal e como figura no Cancioneiro de Baena, que foi composta ao redor de 1467.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Brito.
-
PERSOEIRO
Místico. Entrou nos observantes en 1515 e foi provincial de Extremadura (1538-1541). Retirouse como ermitán preto de Lisboa e propugnou a máis ríxida observancia da regra. O primeiro convento reformado creouse en Sevilla (1555), e as novas comunidades constituíronse en provincia (1560). Confesor de santa Tareixa de Ávila, guiouna na reforma da orde carmelita. Escribiu Tratado de la oración y meditación (1556). A súa festividade celébrase o 19 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Badajoz, Extremadura, situado próximo á fronteira con Portugal (5.861 h [2001]). Ten industria derivada da cortiza.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (5.878 h [2001]). É un punto aduaneiro próximo á fronteira con Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO