"Alcaraz" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, ao pé da serra de Alcaraz (1.799 h [1996]). Centro agrícola e gandeiro. Castelo, murallas e conxunto monumental renacentista na Praza Maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ao mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e a individual Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta ourensán pertencente ao cenáculo cultural Círculo Azor, constituído en Ourense no 1941 por un grupo de mozos. Publicou poemas na prensa e na revista literaria Posío, que saíu do prelo en xullo do 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra da Península Ibérica ao L de Sierra Morena. Separa a depresión do Guadalquivir e a de Murcia en dirección N-L. As rochas que a forman son arxilas e margas triásicas. Nela nacen os ríos Guadalmen e Guadalimar (da conca do Guadalquivir) e o Mundo (da conca do Segura).

    VER O DETALLE DO TERMO