Alcaraz, serra de

Alcaraz, serra de

Serra da Península Ibérica ao L de Sierra Morena. Separa a depresión do Guadalquivir e a de Murcia en dirección N-L. As rochas que a forman son arxilas e margas triásicas. Nela nacen os ríos Guadalmen e Guadalimar (da conca do Guadalquivir) e o Mundo (da conca do Segura).