Temas

Serra das Medoñas do Galiñeiro, A

Serra situada na parroquia de Cambás (Aranga). Cunha altitude media de 640 m e unha orientación NO- SL, separa os vales de Cambás e Labrada. O seu cumio acada os 740 m de altitude.

Máis >
Urdiñeira, serra da

Aliñación montañosa situada no O da parroquia de Parada da Serra (A Gudiña). O seu cumio, A Urdiñeira, acada os 1.148 m de altitude.

Máis >
Peña Labra

Serra da Cordilleira Cantábrica, situada entre Cantabria e a provincia de Palencia, cunha altitude de 2.016 m. Nela localízase a estación de esquí de Alto Campoo.

Máis >
Pena do Pico, serra da

Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Vilouta, O Cereixal e Penamaior (Becerreá), no límite co concello de Baralla, seguindo unha dirección SO-N e cunha altitude media de 1.000 m.

Máis >
Forgoselo, serra de

Pequeno sistema montañoso de dirección NO-SL que serve de límite ás parroquias de Igrexafeita (San Sadurniño), ao N, e Caaveiro (A Capela), ao S. Culmina no Racamonde a 542 m de altitude.

Máis >
Penas, serra das

Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Remesar, Teilán e Martín (Bóveda) en dirección NO-SL. A súa altitude media é de 650 m.

Máis >
Escrita, serra da

Aliñación montañosa dos Ancares que se estende en dirección NO-SL e serve de límite ás parroquias de Vilasante e Vilapún (no concello de Cervantes), e Santo André (no concello das Nogais). O seu cumio está a 920 m de altitude.

Máis >
Gádor, serra de

Serra de Andalucía, ao SO da provincia de Almería, que forma parte do Sistema Bético. Está situada entre os Llanos de Almería, ao S, e o val do Andarax, ao N. Ten xacementos de chumbo.

Máis >
Loading