Candán, serra do
Candán, serra do
Cadea montañosa que se estende en dirección NO-SL polas parroquias de Aciveiro e Millarada, no concello de Forcarei, Refoxos e Parada, no concello de Silleda, e Vilatuxe, no concello de Lalín. Érguese sobre xistos micáceos e cuarcíticos. A súa máxima altitude correspóndese cos 1.000 m do monte Candán, situado no límite entre as parroquias de Aciveiro, Millarada, Parada e Vilatuxe.