Temas

Dahra

Serra de Alxeria, paralela á costa, entre o Mar Mediterráneo e o río Chéliff.

Más >
Reiriz, serra de

Pequeno sistema montañoso que se estende polos concellos de Paradela e O Saviñao. A súa altitude oscila entre os 608 e os 681 m.

Más >
Eixe, serra do

Aliñación montañosa da comarca de Valdeorras, no extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese en dirección NO-SL entre as parroquias de Soutadoiro e Casoio, no concello de Carballeda de Valdeorras, e de Vilanova e A Ponte, no concello da Veiga. A súa máxima altitude correspóndese cos 1.934 m do Maluro.

Más >
Oribio, serra do

Sistema montañoso situado no concello de Samos e que se estende en dirección L-SO polas parroquias de Gundriz, San Cristovo de Lóuzara e San Xoán de Lóuzara. A súa maxima elevación é o cumio Oribio, que acada os 1.443 m de altitude.

Más >
Bocelo, Serra do

Aliñación montañosa que se estende na vertente occidental da dorsal galega, situada no límite dos concellos de Boimorto, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide, no centro da Comunidade Autónoma. Constitúe a divisoria de augas entre as cuncas do Tambre, ao N, e do Ulla, ao S. Erguida sobre ortogneises que afloran nun contexto de xistos (aparecen ao L dos da serie de Ordes), nos que se insiren filóns de anfibolitas, a altitude media da súa liña de cumes, que adopta unha disposición SO-NL, supera os 700 m, acadando os 762 m no Bocelo e os 749 m na Pena da Moura.

Más >
Bara, Serra de

Pequena aliñación montañosa do confín oriental da Comunidade Autónoma, situada na parroquia de Queizán, no N do concello de Navia de Suarna. Está constituída por lousas dobradas, entre o Cámbrico Superior e o Ordovícico Inferior, e ten o seu cumio máximo a 845 m de altitude.

Más >
Penas Libres, serra das

Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Terroso, Enxames e Vilardevós (Vilardevós) en dirección SO-NL. A súa altitude media é de 920 m.

Más >
Grazalema, serra de

Sistema montañoso da Península Ibérica que constitúe o extremo occidental das Cordilleiras Béticas, ao NL da provincia de Cádiz. Culmina a 1.654 m de altitude.

Más >
Blue Mountains

Serra do L de Xamaica, que culmina no Blue Mountain Peak (2.292 m). Hai minas de ferro.

Más >
Careón, serra do

Pequena unidade de relevo de dirección N-S integrada na denominada Dorsal Meridiana Galega, que se estende pola súa parte oriental entre as parroquias de Moredo, Carballal, Cuíña e Ambreixo (concello de Palas de Rei) e, pola vertente occidental, entre as de Vilouriz (concello de Toques) e Meire (concello de Santiso). O seu cumio está no monte Careón, a 798 m de altitude.

Más >
Loading