"Alcedo" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos alcedínidos ao que pertence o picapeixe.
-
PERSOEIRO
Militar, historiador e xeógrafo americano. Sobre materiais recompilados polo seu pai Dionisio de Alcedo, publicou o Dicionario geográfico-histórico de las Indias Occidentales o América (1786-1789). Coa bibliografía acumulada, Alcedo compuxo un útil catálogo de autores de temas americanos: Biblioteca Americana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Funcionario real nas Indias. Traballou co Vicerrei e Arcebispo Diego Ladrón de Guevara (Lima, 1710), no Tribunal de Contas de Lima (1712) e foi nomeado Presidente da Audiencia de Quito (1728-1736) e da de Panamá (1741-1747). Escribiu descricións das terras americanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Real despacho o dezasete de marzo de 1891 pola Raíña Rexente María Cristina de Austria, no nome de Afonso XIII, que otorgou a Grandeza de España en 1925 a Fernando Quiñones de León y de Francisco-Martín, marqués de San Carlos. O dous de xullo de 1950 expediuse carta de sucesión a favor de Pedro Fernando Christopherson Quiñones de León.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarzo criptocristalino, formado por masas de cristais microscópicos, en calquera das súas variedades. Cando se dispón formando capas concéntricas desígnase co nome de ágata. Se as bandas son rectilíneas, as variedades denomínanse ónix, de cor branca e negra, e sardónix, en branco e vermello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia Menor, situada no estreito do Bósforo, á entrada de Bizancio. Na actualidade está englobada na aglomeración urbana de Istambul. Fundada no ano 685 a C polos megarenses, foi ocupada despois polos persas. Tomada polos atenienses no 409 a C, formou parte da Confederación Ateniense (s V a C). No s II a C incorporouse á provincia romana de Bitinia, sufriu no 74 a C os ataques de Mitríades VI do Ponto e quedou parcialmente destruída. Formou parte do Imperio Bizantino e foi fortificada por Xustiniano. No 451 tivo lugar o Concilio de Calcedonia. Foi saqueada no s VIII polos persas e polos árabes, pasando no ano 1350 a poder dos turcos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto concilio ecuménico da Igrexa (451), convocado polo Emperador Marciano I. De acordo coa Epístola Dogmática ou Tomus ad Flavianum do Papa León I, condena o monofisicismo e proclama a doutrina das dúas naturezas de Cristo. O canon 28 das actas conciliares, que outorgaba ao patriarca de Constantinopla a primacía sobre as igrexas de Oriente e o equiparaba co papa de Roma, non foi admitido por Roma. Este concilio significou a ruptura das igrexas nacionais siríaca e copta (monofisicistas) co resto do mundo cristián romano-bizantino.
-
GALICIA
Mestre e xornalista. Dirixiu o xornal La Crónica del Magisterio (1865), no que publicou uns “Estudios ortológicos o razonamientos sobre el arte de leer en alta voz”, e colaborou nas publicacións El Ferrocarril Gallego (1861-1862), El Progreso (1865), El Derecho (1870), El Anunciador (1890) e La Unión Republicana (1892). En 1880, durante a súa estadía en Madrid, dirixiu El Mercado, un periódico de carácter económico escrito en castelán, francés, italiano, inglés e alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Baixo o nome Juan de Santisteban, ingresou nos xerónimos do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial. Foi prior do mosteiro de Santa Catalina, en Talavera de la Reina e bispo de Mondoñedo desde 1705.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un salgueiro de sinople, arrincado, e brochante en abismo, un escudiño de ouro con cinco panelas de sinople colocadas en aspa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (440 km2; 96.356 h [2002]). A súa capital é Salcedo (40.510 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Coria (1713-1716) e arcebispo de Santiago de Compostela (1716-1722) e Sevilla (1722-1739).
VER O DETALLE DO TERMO