Calcedonia, Concilio de

Calcedonia, Concilio de

Cuarto concilio ecuménico da Igrexa (451), convocado polo Emperador Marciano I. De acordo coa Epístola Dogmática ou Tomus ad Flavianum do Papa León I, condena o monofisicismo e proclama a doutrina das dúas naturezas de Cristo. O canon 28 das actas conciliares, que outorgaba ao patriarca de Constantinopla a primacía sobre as igrexas de Oriente e o equiparaba co papa de Roma, non foi admitido por Roma. Este concilio significou a ruptura das igrexas nacionais siríaca e copta (monofisicistas) co resto do mundo cristián romano-bizantino.

Palabras veciñas

calce | calcedonia | Calcedonia | Calcedonia, Concilio de | calcemia | Calceolaria | calcés