calcemia
calcemia
(< lat calce- ‘calcio’ + grα→μα ‘sangue’ + -ia)
s
f
[FISIOL]
Taxa de calcio contido no sangue. No ser humano é de 100 mg/l, aproximadamente; destes, entre 4 e 5 mg están ionizados. A calcemia adoita estar inversamente relacionada coa concentración de fósforo inorgánico do plasma. Hai unha dependencia íntima entre a calcemia e a secreción hormonal paratiroide.