"Aldana" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe de orixe discutida que estivo unida á dos Arias. Segundo uns investigadores procede de Teodorico, Rei dos ostrogodos en Italia que cara ao ano 507 gobernou Hispania durante a minoría de idade do seu neto Amalarico, fillo de Alarico II e da súa esposa Reodogonda, filla natural de Teodorico. Este deixou dous fillos: Severiano, duque de Cartaxena e Sueiro que se asentou en terras galegas e fundou a casa de Aldana nos arredores de Santiago. Segundo outros, debe a súa orixe a outra familia máis antiga que usaba o apelido Arias de Aldana, e que tivo por proxenitor ao Rei Artamiro (ou Ariamiro, Aramiro, Ariana, Arias), oitavo monarca dos suevos de Galicia no 517. De aquí tomarían o patronímico Arias por apelido da familia. Un descendente do Rei Ariamiro, o conde Argimiro Arias, señor dos castelos de Arias de Amaia e Deza, casou con dona Arceriunda, filla de Severiano, conde de Galicia e posible fillo do Rei Teodorico; de xeito que sería el e non seu irmán Sueiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o divino (? 1537 - El Ksar-el-Kébir, Marrocos 1578) Militar e poeta en castelán. A súa produción poética está composta de poemas bélicos, amorosos e relixiosos. É especialmente coñecido polo poema en forma de epístola titulado “Carta para Arias Montano”, sobre o amor a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cobre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na beira do Carrión (3.183 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria fariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO