Aventino
Aventino
Un dos sete outeiros entre os que se estableceu a cidade de Roma. É o máis meridional, rodeado en parte por un meandro do Tíber. No s V a C o pobo de Roma, excluído da elección dos cónsules, fuxiu en masa ao Aventino e alí fundou unha nova cidade. No 456 a C foi doado por lei ao pobo.