"Alexandre II" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    De nome Anselmo de Baggio e de orixe milanesa. Foi elixido Papa (1061-1073) e escolleu como conselleiros a Pedro Damián e Hildebrando. Tivo que se enfrontar co Antipapa Honorio II. Promoveu as primeiras cruzadas -denominadas precruzadas- contra os árabes en Sicilia e en terras catalanas, para tomar Barbastro (1064), sen grande éxito, xa que a cidade volveu a mans de Mudáffar de Lleida no ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1855-1881). Sucedeu a Nicolao I e puxo fin á Guerra de Crimea (1856). Tentou unha tímida liberalización que repercutiu nos feitos posteriores de Rusia. No 1861 liberou os servos e expropiou os nobres; a reforma realizouse utilizando institucións tradicionais como o mir. Realizou reformas na administración: creación de asembleas locais (zemstvo), reforma da xustiza, modificación do ensino e institución do servizo militar obrigatorio (1874). Coa insurrección de Polonia e o intento de rusificar o país, acabou o período de reformas. A nobreza polaca foi considerada responsable da insurrección e en Polonia as terras foron repartidas entre os campesiños. A política exterior de Gorcakov baseouse no paneslavismo. Dende 1859 os rusos atacaron o Cáucaso e conquistaron o Daguestán, para comezar as exploracións petroleiras de Bakú. No 1860 foi fundada Vladivostok e comezou a conquista do Turkestán. A causa do fracaso das reformas e da política paneslavista, desenvolveuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chamado Ronaldo Bandinelli, foi Papa dende 1159 a 1181. Xurista recoñecido (do que se conservan os Stromata, comentarios ao Decretum Gratiani), cando era Cardeal defendeu a autoridade do papa por riba do emperador, actitude frecuente entre a xerarquía eclesiástica do século XII xa defendida por Xelmírez. Por este motivo, Federico Barbarrubia opuxo á súa elección pontificia tres antipapas, dos que o máis importante foi Víctor IV. Despois dunha serie de incidentes, Alexandre III exiliouse en Francia; percorreu toda a Lombardía e despois de dezaoito anos de loita venceu, xuntamente coa Liga Lombarda de cidades, a Barbarrubia en Legnano (1176) e obrigouno a asinar a paz en Venecia (1177). Tivo dificultades graves con Enrique II Plantagenet de Inglaterra polo asasinato do Arcebispo Tomas Becket, que canonizou (1173). Chegado a Roma, o Antipapa Calixto III tivo que someterse a el. En 1179 reuniu o Concilio de Letrán (XI ecuménico), que regula a elección pontificia e reprimiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO