Sphex

Sphex
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos, da orde dos himenópteros, co abdome unido ao tórax por un pedúnculo moi longo e delgado, mandíbulas grosas e fortes, ás longas e esveltas e corpo de cor negra, amarela e vermella. Aliméntanse de arácnidos, eirugas de lepidópteros e himenópteros, e artrópodos en xeral, que anestesian cun líquido que sae dun aguillón situado no extremo do abdome.