Spiegel, Der

Spiegel, Der

Semanario alemán, con sede en Hamburgo desde 1952. Apareceu en xaneiro de 1947 como continuación de Diese Woche, revista creada dous meses antes en Hannover por oficiais británicos cun corpo de redacción de alemáns, entre os que estaba R. Augstein, primeiro director da nova publicación. Caracterizouse polo seu sentido crítico.