"Alexandro" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandro González Cruz.
-
PERSOEIRO
Escritor camerunés residente en Francia, coñecido co pseudónimo de Mongo Beti. Publicou Ville Cruelle (Vila cruel, 1954) co pseudónimo Eza Boto. Entre as súas novelas sobre a vida en Camerún durante a etapa colonial destacan Le pauvre Christ de Bomba (O pobre Cristo de Bomba, 1956), Mision terminée (Misión rematada, 1957) e Roi miraculé (O Rei curado milagrosamente, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Alexandro, a súa obra caracterízase polo tratamento xestual propio do informalismo, valorando a mestura de materiais diversos. Realizou exposicións en distintas cidades europeas e a súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo de Ourense, na Deputación da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político. Participou nas Guerras Balcánicas e durante a Segunda Guerra Mundial fomentou a resistencia contra o Eixe. Prendido e deportado a Alemaña, ao ser liberado, o goberno grego outorgoulle o rango de mariscal (1947). En 1949, con poderes especiais, rematou a guerra civil. Tres anos despois presidiu o goberno e impuxo en Grecia unha política filooccidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Xefe do goberno (1897-1899 e 1901-1902), alto comisario de Creta (1906-1911) e novamente xefe do goberno durante a Primeira Guerra Mundial, non conseguiu unir todos os partidos e poñelos ao lado da Entente. Presidiu un goberno de unión nacional (1926-1928) e foi presidente da república (1929-1935), pero dimitiu ante a decisión de restaurar a monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadadora rusa naturalizada española (1999). Entre as súas numerosas vitorias destacan as tres medallas de ouro (50, 100 e 200 m costas) no Campionato de Europa de Helsinqui 2000, a medalla de bronce (100 m costas) nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000; a medalla de ouro (50 m costas) e prata (200 m costas) no Campionato de Europa de Berlín 2002; a medalla de ouro en 50 m costas no Campionato do Mundo de Barcelona 2003; e as medallas de prata (50 m costas) e bronce (100 m costas) no Campionato de Europa de Madrid 2004.
VER O DETALLE DO TERMO