Inocybe

Inocybe
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das cortinariáceas, clase basidiomicetos. Son de cores pardas, máis ou menos escuras, e escamosas, e resulta difícil diferencialos. En Galicia son comúns as especies I. heimii (propio de piñeirais e dunas), I. geophylla e I. calamistrata.