"Alfama" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio de Lisboa, preto do Texo, o máis antigo da cidade, onde se atopan algunhas edificacións históricas, entre elas a Catedral, a Igrexa de São Vicente, renacentista, na que está o mausoleo da casa de Bragança e o castelo de São Jorge.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi fundada polo Rei Pedro II de Aragón no 1201, ao conceder nese ano a Juan de Almenara, Martín Vidal e outros cabaleiros a terra desértica de Alfama, a cinco leguas de Tortosa. Alí construíron unha fortaleza para defensa do reino aragonés contra os ataques dos musulmáns. Adoptaron a Regra de Santo Agostiño e obtiveron a aprobación canónica o 15 de maio do 1373, por bula de Gregorio IV, reinando Pedro I o Cerimonioso. O 8 de setembro na capela do Pazo Real de Barcelona, en presenza do Rei e da súa Corte, o Bispo de Lleida recibe a Orde baixo a protección da Santa Sé impoñendo o hábito branco e a cruz vermella de San Xurxo aos seus cabaleiros. Anos máis tarde, diante da falta de rendas e o reducido número de cabaleiros, o seu último mestre, Francisco de Ripollés, solicita ao Rei a reforma ou a abolición da Orde, renunciando á súa mestría que queda en mans do Papa Benedicto XIII. Martiño o Humano pensou entón incorporala á Orde de Montesa, creada logo da desaparición da...