"Alfaro" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de La Rioja, na confluencia do río Alhama co Ebro (9.257 h [1996]). Importante centro agrícola cunha desenvolvida industria. Colexiata de San Miguel (s XVI) e Igrexa de San Francisco (s XVII). Convento da Concepción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
David Alfaro Siqueiros.
-
PERSOEIRO
Militar e político ecuatoriano. En 1895, á fronte das súas tropas e como xefe do partido radical, faise co poder. Convocou unha asemblea constituínte que o nomea Presidente (1897-1901). En 1906 recupera o poder e acada a Presidencia constitucional (1907-1911). En 1911 tivo que exiliarse en Panamá, pero volveu ao país, onde foi derrotado, encarcerado e, pouco tempo despois, executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Aliñamento montañoso cretácico da provincia de Alacant, orientada de SO a NL. O punto culminante (1.165 m de alt) atópase dentro do termo municipal de Tollos. Tamén se denomina serra de Bitla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Periodista aragonés. Director do diario de carácter agrario La Tierra en Osca (1933-1936) e de Solidaridad Nacional en Barcelona. Publicou Los Sindicatos Libres en España, su origen, su organización, su ideario (1927), dun gran valor documental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nicaraguano. Foi fundador da Frente Revolucionario Sandino e director da editorial Universitaria Centroamericana de Costa Rica. Das súas novelas, inspiradas na realidade política e social do seu país, destacan Hay una selva en mi voz (1950), Arquitectura inútil (1954), Los monos de San Telmo (1963), Trágame tierra (1969), Balsa de serpientes (1974) e Trece veces nunca (1977). Recibiu o Premio de la Casa de las Américas en Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. En 1992 iniciou a súa traxectoria profesional, fundamentalmente na compañía Teatro de Ningures, creada en 1987 en Cangas do Morrazo. Como actriz traballou, entre outros, con directores como Etelvino Vázquez (Ubú Rei, 1989; María Soliño, 1990; Tic-Tac, 1995; Sempre Ubú, 1996; Lugar Común, 1998; Fausto, 2001), Alberto Bokos (Elektra, 1991; Crónica de Pantagruel, 1992; O polbo, 1993), Julio Cardoso (Macbett, 1994), José Martins (Terra de Lobos, 1995), Xulio Lago (A noite das tríbades, 1996), espectáculo co que obtivo o Premio María Casares á Mellor Interpretación Protagonista en 1997. Tivo a función de axudante de dirección con Xulio Lago en espectáculos realizados pola compañía portuguesa Teatro do Noroeste (Un inimigo do pobo, 1997), Teatro do Atlántico (Amor de Don Perlimplín, 1998) e Talía Teatro (Marsal, Marsal, 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1969 publicou De rodillas, o seu primeiro poemario. Colaborou en distintas publicacións e recibiu varios premios poéticos e xornalísticos. Da súa produción destaca As labaradas da lembranza (1996), Matria da néboa (1997), Alba plena do alén (1997), Os ciclóns do sino (1997), Ofertorio de solpores (1999), Pasos cara á alba (2000) e Alén do lume (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e muralista mexicano. A súa pintura mostrou o triunfo da revolución a partir de morfoloxías neorrealistas. Como D. R. Rivera e J. C. Orozco, en 1922 comezou a realizar pinturas monumentais, ao tempo que mantiña unha actividade política directa como secretario da Confederación Sindical Unitaria. Exiliado, percorreu EE UU, Uruguay e Arxentina (1932-1934), poñendo en práctica as técnicas murais máis vangardistas. Pintou os frescos para a Casa del Sindicato de Electricistas (1939, México) e a Escuela Méjico de Chillán (1941-1942, Chile). Durante a posguerra fixo grandes ciclos histórico-simbólicos como La revolución mexicana e La marcha de la Humanidad (1967).
VER O DETALLE DO TERMO