Alxirdas

Alxirdas

Gran Duque de Lituania (1344-1377). Detivo a expansión da Orde Teutónica e rexeitou sucesivas invasións. Loitou contra Polonia (1349-1366), que reivindicaba o Ducado de Halicz. Na guerra contra os tártaros liberou Polonia. Ante a ameaza tártara, aceptou o seu protectorado Rutenia, Briansk e Novgorod-Severskij, e obrigou ao Gran Duque de Moscú Dmitrij Donskoj a aceptar o feito consumado. Recoñeceron a súa tutela Pskov e a rexión do Gran Novgorod, defendida contra os suecos.