"Almada" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade de Portugal, no distrito de Setúbal (153.189 h [1991]). Situada na beira esquerda do esteiro do Texo, fronte a Lisboa. A súa inserción na área urbana lisboeta fai que desempeñe funcións residenciais e industriais vencelladas á capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Foi un dos principais representantes das vangardas en Portugal. Estivo en contacto co grupo Orpheus. Escribiu algúns dos máis irreverentes manifestos futuristas e outros, conferencias e varios textos doutrinais: Manifesto Anti-Dantas (1915), A Cena de Ódio (1923), Direcção Única (1933), Elogio da Ingenuidade (1938), entre outros. Mantivo contactos con Sonia Delaunay e cos ballets rusos. Formou unha compañía de ballet e traballou en París como bailarín (1919). Fixo decoracións murais en Madrid e en Lisboa. Publicou A Engomadeira (1917), A Invenção do Dia Claro (1921) e Nome de Guerra (1938), así como obras de teatro, Antes de começar (1919), Deseja-se mulher (1928) e Pierrot e Arlequim (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Golpe dado coa palma da man.
-
Ruído que produce o golpe que se dá coas palmas da man.
-