Dendrobium
Dendrobium
[ANIMAL]
Xénero de coleópteros, ao que pertence a especie D. pertinax, que se presentan, na fase adulta, como escaravellos, de corpo cilíndrico de ata 5 mm, de cor negra, e, na fase larvaria, como eirugas de cor branca, cabeza pequena con fortes mandíbulas e patas moi reducidas. As larvas desenvólvense, durante dous ou tres anos, en madeira podre de coníferas. Denomínanse popularmente couzas.