Dendritis

Dendritis
[MIT]

Alcume da heroína grega Helena de Rodas, derivado da voz δένδρον ‘árbore’. Trala morte do seu esposo Menelao, marchou a Rodas acompañada dos seus dous fillos. Na illa exercía a rexencia Polixo, viúva de Tlepólemo, quen morrera na Guerra de Troia. Esta, para tentar vingar a morte do seu marido, mandoulles as súas criadas, disfrazadas de Erinias, para que pendurasen a Helena, causante do sitio troiano, dunha árbore. Conta a lenda que, debaixo desta árbore, medrou unha planta chamada helenio ou énula que se empregaría como remedio contra as trabaduras de serpe.

Palabras veciñas

dendrita | dendrítico -ca | dendritiforme | Dendritis | dendro- | dendrobátido -da | Dendrobium