dendrita

dendrita

(

  1. s f [BIOL]

    Prolongación arboriforme do protoplasma das células nerviosas, que pode ser única ou múltiple. Aumenta considerablemente a superficie receptiva da célula nerviosa e intervén nos procesos de transmisión dos impulsos nerviosos. As dentritas son tamén o aparato receptor das neuronas, e a elas chegan os sinais eléctricos, dende os receptores ou outras células nerviosas, ata o corpo neuronal.

  2. s f [XEOL]
    1. Figura de forma arborescente producida nun mineral pola acción de algo alleo.

    2. Agregado cristalino de forma arborescente.

Palabras veciñas

dendri- | dendrícola | dendriforme | dendrita | dendrítico -ca | dendritiforme | Dendritis