"Almenar" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida, á dereita do Noguera Ribagorzana (3.439 h [1996]). Ten cultivos de cereal, oliveira e vide, xunto con gandería. Industria agropecuaria e fábricas de tellas. Castelo musulmán conquistado polo conde de Barcelona Ramón Berenguer IV (1147). Na Guerra dos Segadores (1641) o exército catalán-francés venceu aquí aos casteláns. Durante a Guerra de Sucesión, foi campo de batalla (1710). Igrexa gótica reformada no s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla vitoriosa para as tropas do arquiduque Carlos VI, comandadas por Guido von Starhemberg e James Stanhope, sobre as de Filipe V e o marqués de Villadarias (1710) durante a Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Despois de diversas manobras dos dous exércitos ao redor de Balaguer, as forzas do arquiduque ocuparon Alfarràs. Preto de Almenar (Segriá, LLeida) atraendo alí ás tropas borbónicas. Foi unha vitoria decisiva que permitiu a última contraofensiva carolina e obrigou ás tropas filipistas a abandonar Catalunya.
-
-
Fogueira, especialmente a que se fai como sinal en outeiros e noutros lugares elevados.
-
Candeeiro sobre o que se colocaban candís de moitas mechas para alumar un apousento.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Castelló de la Plana (5.018 h [1996]). Na parte oriental do termo atópase o lago de Almenara, un conxunto de tres lagoas. Ten laranxeiras e arroz, e industria agropecuaria. Aquí tivo lugar a Batalla de Almenara (1521).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar ao S da vila de Almenara o 18 de xullo de 1521. Primeiro enfrontamento importante entre as tropas de Afonso de Aragón e de Portugal, e as forzas axermanadas. Foi tamén a primeira derrota importante das xermanías valencianas.