Falun
Falun
Capital do län de Dalarna, Suecia, á beira do lago Siljan (54.576 h [1999]). A industria e o comercio son a base da súa economía. Do seu patrimonio cultural destacan as minas de cobre, explotadas desde o s XI, ao redor das que se desenvolveu a vida da cidade, e as cabanas dos mineiros nos distritos de Elsborg, Gamla Herrgården e Östanfors.