"Almería" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na bisbarra de Andarax (3.104 h [1996]). Oliveiras, laranxeiras e vide. Canteiras de mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Almería, Andalucía, situada no centro da baía homónima, na desembocadura do río Andarax, á beira da corga de Belén, Amatisteros e El Obispo, e ao pé da serra de Gádor (170.503 h [1996]). Centro administrativo e comercial. É un importante porto de pesca (2% das capturas do estado) e tamén de mercadorías (exportación de froita e minerais). A actividade industrial é pouco importante (química, alimentaria, materiais de construción). Destaca a actividade turística, favorecida pola apertura do aeroporto. Na cidade atópanse barrios antigos de casas baixas e brancas fronte a novas construcións que se espallaron cara ao Andarax e ao porto. O centro da cidade é a porta de Purchena, a partir dela o plano da cidade crece de forma radial. A partir de finais do s VIII dotouse o porto de estaleiros e substituíu a Pechina como centro do comercio entre Al-Andalus, África e Oriente. No 955 foi atacada por unha escuadra siciliana enviada polo Califa fatimí Al-Mu’izz. ‘Abd al-Ra ḥ...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica do SL da Península Ibérica, definida por Pedro Bosch i Gimpera contra 1920 baseándose nas escavacións feitas polos irmáns Siret na provincia de Almería. Aquí estaría a orixe dos sepulcros de fosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa do SL da Comunidad Autónoma de Andalucía (8.774 km2; 455.496 h [1991]). A capital é Almería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río de Andalucía, na vertente mediterránea (62 km), tamén chamado río de Almería. Nace en Sierra Nevada e desauga preto de Almería formando un delta.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao NL da capital provincial e á beira do río Andarax (8.278 h [2001]). O sector primario é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO