"Almudena" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Nome procedente do árabe al-medina ‘a cidade’, que muda en al-mudaina ‘cidade pequena’; úsase pola advocación da Virxe, patroa de Madrid. Outra posible orixe parece vir de que todos os labregos que ían vender gran a Madrid deixábanlle á Virxe un almude. A festividade da Almudena celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1995), da que é profesora. O seu traballo incidiu na relación tecido-texto que, desde 1995, respondeu ao seu sentido etimolóxico en tecidos epidérmicos que se sedimentaban sobre textos e grafías, formando unha pel-pintura de transparencias e, dende o 2001, baseouse na orixe histórica, na que o texto-tecido é un fío que contrae tramas e deixa de ser un recurso para converterse no tema. Dende 1994 realizou exposicións individuais e participou en numerosas mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a bolsa de Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1994), o XVI Premio de Pintura L’Oreal (2002) e a bolsa Pollock-Krassner Foundation de Nova York (2002). A súa obra está presente nas coleccións Caixanova, Museo de Pontevedra, concello de Hondarribia e na Colección L’Oreal.

    VER O DETALLE DO TERMO