Ontinyent
Ontinyent
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no val medio do río Clariana (32.664 h [2001]). A súa agricultura localízase no val, con predominio do secaño, dedicado á vide, ás oliveiras, ás árbores froiteiras, ás amendoeiras e ao barbeito. É un dos principais centros industriais da Comunitat Valenciana e destacan as industrias téxtiles e de confección.