"Altai" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de Asia central situada ao O de Siberia e Mongolia, que se estende desde o río Irtyš e a depresión de Xungaria en dirección NO. A altitude media é de 1.500-1.700 m. A serra está flanqueada ao L e ao SL polo grande altiplano de Mongolia. Destacan tamén outros altiplanos máis pequenos como os de Uköc (2.400 m), Kak (2.500 m) e Suok (2.600 m). Ten lagoas importantes como a de Ubs-Nuur e Chobdo-Nuur. A serra de Altai está dividida en: Altai mongol, ou Gran Altai, conxunto formado principalmente por rochas vendinienses (precámbricas) que constitúen un gran horst, e o Altai ruso con xistos vendinienses e formacións paleozoicas, predominantemente calcarias, do Devoniano e o Carbonífero, pregadas durante o Herciniano e con dobramentos de dirección xeral N-NL. O relevo actual orixinouse por fenómenos tectónicos do Terciario Superior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj do S de Siberia, Rusia (169.100 km2; 2.675.000 h [estim 1997]). Drenado polo curso alto do Obi, é unha área de economía agrícola, reforzada pola industria. Altai foi constituído kraj en 1937 e inclúe a oblast’ de Gorno-Altai. A capital é Barnaul.
-
-
Relativo ou pertencente a Altai, aos altaicos ou ás súas linguas.
-
Individuo dun pobo turco que habita no Altai.
-
Pobo turco de Siberia que habita a oblast’ autónoma de Gorno-Altai (Rusia), de tipo mongólico, tamén chamado calmuco montañés ou calmuco branco. Son unhas 45.000 persoas.
-
Familia de linguas faladas en Asia Menor, Asia Central, Mongolia e Siberia, formada por tres grandes troncos: o turco, o mongol e o manchuriano. A clasificación destas linguas presenta dificultadas por mor da falta dun coñecemento histórico sólido das poboacións que a integran e pola gran barreira étnica que sufriu ao longo do tempo. Os trazos comúns máis sobresalientes das linguas altaicas son, foneticamente, a harmonía vocálica e a constitución silábica das palabras cunha soa consoante no comezo da palabra. Morfoloxicamente non posúen distinción de xénero gramatical nin inflexión nominal clara. O aspecto máis orixinal é a construción de palabras a partir dunhas bases verbais ou nominais e o uso da aglutinación e a sufixación como recursos gramaticais predominantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación da Aguia, a duodécima máis brillante da volta celeste a unha distancia de 17 anos luz. É a secuencia principal e pertence ao tipo espectral A5. Xuntamente con Vega e Deneb determina o triángulo de estío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ordenador pioneiro dirixido aos afeccionados da informática no ano 1975. A versión de BASIC deste equipo constituíu o primeiro produto oficial da multinacional Microsoft.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha hipotética gran familia lingüística cunha unidade fundamental, aínda pouco demostrada, que comprende as linguas urálicas e as altaicas. Os trazos comúns destas linguas son a estrutura morfolóxica aglutinante, a apofonía consonántica e a harmonía vocálica.