Matxinada
Matxinada
(< éusc: matxin ‘aldeán’)
Sublevación dos campesiños vascos das proximidades de Bilbao contra a capital, entre setembro e novembro de 1718, como protesta polo traslado das aduanas aos portos e ás fronteiras, por orde de Filipe V, o que supuña a perda dos privilexios aduaneiros en Euskadi. Os campesiños asaltaron as casas dos patricios de Bilbao e puxeron cerco á vila, ata a chegada do exército.