Mau-Mau

Mau-Mau

Sociedade secreta político--relixiosa creada en 1948 en Kenya, no seo das tribos kikuiu, embu e meru. En 1952 organizou unha sublevación campesiña contra os propietarios británicos e asiáticos, como protesta pola enaxenación das súas terras en favor destes colonos brancos. A terrible represión dos británicos -que declararon o estado de sitio ese mesmo ano- contra os membros do Mau-Mau, concluíu coa detención (1952) de Jomo Kenyatta, presidente da Kenya African National Union e considerado como o seu líder, así como a desaparición do grupo cara a 1960.

Palabras veciñas

Matxinada | Matxitxako | Mau | Mau-Mau | Mauá | maubere | Mauchly, John William