"Altamira" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mesa’.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra en 1973 da Galería de Arte desa cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego aparecida en Brión en novembro de 1985 e subtitulada “Revista informativa do Concello de Brión”. Editada pola Casa de Cultura, foi dirixida por X. Ramón Pais. Constaba das seccións: “Lembranzas”, onde se incluía historia, etnografía e arqueoloxía, e “Encontros ca a cultura”, xunto cun suplemento titulado O Xornal Verde con datos sobre medio ambiente. Informaba sobre orzamentos e actividades do propio concello.
-
PERSOEIRO
Xurista, historiador, pedagogo e polígrafo. Foi Catedrático de Historia de Dereito Español na Universidade de Oviedo (1897-1910), dende onde tentou achegar a cultura universitaria á masa obreira, e Catedrático de Historia na Universidade de Madrid (1914-1936). Foi director xeral de Ensino Primario (1911-1913), cargo dende o que creou as escolas ao aire libre. No exilio acadou un gran prestixio internacional pola súa teoría pedagóxica. Nomeado polo Consello da Sociedade de Nacións, interveu na redacción do Anteproxecto do Estatuto do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia, do que foi membro dende 1921 ata 1940. Director do xornal republicano La Justicia e da Revista crítica de historia y literaturas españolas, portuguesas e hispanoamericanas. A súa obra máis importante, como historiador, é a Historia de España y de la civilización española (1906-1911); como pedagogo escribiu, entre outras obras, Giner educador (1915), Pestalozzi y nosotros, Ideario...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido o 13 de marzo de 1455 por graza de Enrique IV de Castela a Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso, aínda que a Real Cédula de Privilexio non lle foi outorgada ata 1475. Este era señor da casa de Moscoso e da casa de Altamira, unha das máis ricas en vasalos e terras, e buscou a unión de toda a nobreza galega, rebaixada nas súas competencias coa política centralizadora dos Reis Católicos. Ao morrer sen descendencia, o título pasou a Urraca de Moscoso e Castro, e logo a Rodrigo de Moscoso Osorio, cabaleiro de pluma e espada, fillo do caudillo irmandiño Pedro Osorio. Loitou en 1468 na Segunda Guerra Irmandiña, participou na toma de Granada polos Reis Católicos e escribiu unha serie de composicións incluídas no Cancionero General de Hernando del Castillo. Ao seu fillo, Lope Osorio de Moscoso e Andrade foille outorgado polo Rei Filipe III a Grandeza de España en 1613. Creou a escuadra galega no 1537 e foi destinado a Italia como Gobernador. O quinto conde de Altamira, Rodrigo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isabel de Castro e Andrade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada preto de Santillana del Mar, Cantabria. Descuberta no 1869 por Cubillas, foi estudada por primeira vez por Marcelino de Sautuola no 1879. Malia os esforzos de Sanz de Sautuola a partir do ano 1880, non foi ata 1902, logo da descuberta das covas francesas de Les Combarelles e Font de Gaume, cando se recoñeceu a autenticidade das magníficas pinturas altamiranas, que lle custaran a Sautuola a acusación de falsificador. Foi daquela cando Emile Cartailhac e Henri Breuil publicaron os primeiros estudios de resonancia internacional. O xacemento arqueolóxico da cova escavouse dende 1875, poñendo ao descuberto unha serie de niveis que parten dun Musterense mal definido, seguido por un Solutrense non confirmado polas últimas investigacións e, finalmente, polo Madalenense (14000-10500 BP), momento que coincide co máximo apoxeo da actividade artística. A importancia desta cova reside nas súas manifestacións artísticas, agrupables en tres zonas: a máis próxima ao acceso dende o exterior (onde...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza construída no s XV sobre unha edificación preexistente, no territorio do actual concello de Brión. Foi construída polo conde Lope Sánchez de Moscoso co gallo de se defender dun posible ataque do Arcebispo Alonso de Fonseca. Sufriu o asolamento ocasionado polas guerras irmandiñas pero logo volveu ser reconstruída.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Este título foi concedido polo Rei Enrique IV de Castela a Xoán de Viveiro, señor de Viveiro, Altamira e Barcial de Loma, o 15 de maio de 1473. Sucedeuno o seu fillo Alonso Pérez de Viveiro. En 1584, Filipe II concedeulle a Xoán Pérez de Viveiro, Mercadio e Guzmán, quinto vizconde de Altamira, o condado de Fuenzaldaña e os títulos de xentilhome de Cámara da súa Maxestade, gobernador do exército de Extremadura, dos estados de Flandes e de Gurlon, e embaixador en Francia. Ao morrer sen descendencia recolleu os títulos Xoán Esteban Pérez de Viveiro, a quen seguiu o seu fillo Alonso Pérez de Viviero. As distincións desta casa pasaron logo aos condes de Gripol porque levaban o apelido Viveiro e, máis tarde, ao marqués de Alcañices. As armas desta liñaxe levan, en campo de ouro, tres estrugas de sinople, cada unha con sete follas, enriba de tres cons da mesma cor, sobre ondas de azur e prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Altamiros (Ávila) dende onde pasou a Galicia e a outros lugares da península e de América. Moitos membros desta familia ingresaron nas Ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara, Carlos III e San Xoán de Xerusalén. Os de Allariz levan como armas, en campo de prata, dez roeles de azur, postos en tres paos, con catro roeles o do centro (armas dos de Lemos). Os de Andalucía e Extremadura engaden un bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Os de Aragón traen, en campo de ouro, dez roeis de azur colocados de dous en dous.
-
PERSOEIRO
Escritor e político mexicano. Na súa narrativa, coa que acadou sona, tentou achegarse aos temas indíxenas mexicanos. Evolucionou cara ao Realismo, do que a novela El Zarco (1901) é o seu mellor expoñente. Expuxo as súas ideas liberais en El Correo de México, publicación da que foi un dos fundadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Realizou o estofado, pintado e dourado do retablo maior de San Xulián de Luaña (Brión) no ano 1604, no retablo maior da igrexa de San Francisco de Santiago en 1605 e a decoración das caixas dos órganos da catedral santiaguesa cara a 1607.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo de Navia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción defensiva situada no val da Maía, erixida polo conde de Altamira tralas Revoltas Irmandiñas. Só se conservan restos das murallas e das torres sobre un outeiro rochoso. O recinto tiña planta poligonal con torre de homenaxe no patio central e cuarteis, pozos, almacéns e capela. Neste castelo pasou o arcebispo Alonso de Fonseca algún tempo como reo.
-
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.