Crepidotus
Crepidotus
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia das crepidotáceas de cogomelos con pé lateral ou ausente e láminas de cor ocre ou vermella. En Galicia están presentes as especies C. applanatus, C. cesatii, C. mollis, C. sphaerosporus e C. variabilis.