Crepidula
Crepidula
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios coa cuncha en forma de zoco que viven sobre rochas, bivalvos ou individuos do mesmo xénero. A especie máis representativa é C. fornicata, que se localiza no Océano Atlántico, no canal da Mancha e no mar do Norte, e que constitúe unha praga para as ostras.