Crepis
Crepis
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas, de ata 90 cm de altura. Presenta follas dentadas e pinnatífidas, flores en capítulos amarelos ou avermellados, cun invólucro formado por dúas ringleiras de brácteas e cun receptáculo plano ou convexo onde se dispoñen as flores liguladas. En Galicia están presentes as especies C. capillaris, anual ou bienal, propia de prados e camiños; e C. lampsanoides, perenne, que habita en prados e montes húmidos.