"Amaia" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Nome vasco que significa ‘confín, extremo’ e que se espallou fóra de Euskadi pola súa eufonía e por ser o nome dun personaxe da novela Amaya o los vascos en el siglo VIII, escrita por Francisco Navarro Villoslada (1877), que narra a historia deste pobo no principio da Reconquista. Non obstante , tamén podería tratarse dunha evolución patrimonial galega a partir de Amalia, ao igual que Baia derivou de Eulalia. En Galicia evoca o topónimo Amaía (na época medieval Amaaea e Ameía) de orixe aínda descoñecida e de distinta acentuación, pero que fai pensar que podía ser un dos múltiples antropónimos procedentes de topónimos, coma América, Belén, Palmira e similares. Non hai ningún santo con este nome e, xa que logo, festividade no calendario cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe feminina da lenda do cabaleiro Teodosio de Goñi, orixe suposta da devoción a san Miguel como patrón de Euskalherría. Segundo a lenda, este liberou o protagonista da súa catividade voluntaria na serra de Aralar. Proporcionou o tema da novela Amaya o los vascos en el siglo VIII (1876), de Francisco Navarro Villoslada, e da ópera Amaya de Guridi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca natural que se estende ao O de Santiago no interfluvio Sar-Sarela ata chegar á veiga de Padrón polas parroquias de Ames, Bugallido, Ortoño (concello de Ames), Bastavales, Os Ánxeles (concello de Brión) e Ribasar (concello de Rois). O val da Amaía está pechado ao O polos montes de Olerón e ao L polo rebordo da Fosa meridiana. O seu asentamento topográfico, nunha chaira aluvial, converte este territorio nunha área fértil para a agricultura, e cun microclima benigno para o asentamento humano. A comarca experimenta dende a década de 1980 un proceso de explosión demográfica debido á construción de urbanizacións residenciais, tanto de vivendas unifamiliares como de apartamentos, especialmente nos concellos de Ames e Brión, fenómeno vencellado á expansión da cidade compostelana, propiciada pola designación desta como capital de Galicia e a conseguinte localización nela da administración autonómica. A comarca recibe o seu nome do populi prerromano dos amaecos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diócese de Santiago, que comprende as parroquias de Agrón, Ames, Covas, Lens, Piñeiro e Tapia (concello de Ames), Os Ánxeles, Bastavales, Boullón, Brión, Cornanda, Luaña, Ons e Viceso (concello de Brión), Augasantas, Buxán, Costa, Herbogo, Ermedelo, Leroño, Rois, Urdilde e Viceso (concello de Rois).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao val da Amaía.

    2. Persoa natural do val da Amaía.

    3. Habitante da comarca da Amaía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir debilidade ou quedar sen ánimos para realizar algo.

    2. Caer nun estado de abatemento anímico.

    VER O DETALLE DO TERMO