Amaia

Amaia
[ONOM]

Nome vasco que significa ‘confín, extremo’ e que se espallou fóra de Euskadi pola súa eufonía e por ser o nome dun personaxe da novela Amaya o los vascos en el siglo VIII, escrita por Francisco Navarro Villoslada (1877), que narra a historia deste pobo no principio da Reconquista. Non obstante , tamén podería tratarse dunha evolución patrimonial galega a partir de Amalia, ao igual que Baia derivou de Eulalia. En Galicia evoca o topónimo Amaía (na época medieval Amaaea e Ameía) de orixe aínda descoñecida e de distinta acentuación, pero que fai pensar que podía ser un dos múltiples antropónimos procedentes de topónimos, coma América, Belén, Palmira e similares. Non hai ningún santo con este nome e, xa que logo, festividade no calendario cristián.

Palabras veciñas

Amagat, Émile-Hilaire | Amager | ámago | Amaia | Amaia | Amaía | Amaía