ámago

ámago

(< amagar)

  1. s m

    Aplícase á parte máis branca e tenra das plantas, no interior do talo.

    Ex: Onte vin un rapaz comendo o ámago desas plantas.

  2. s m

    Parte interna e branda da madeira, situada entre a casca e a súa cerna das árbores.

    Sinónimos: magolo, sámago, samo, moguelo.
  3. s m

    Parte interior dos cornos e das unllas dos animais.

    Sinónimos: magolo, sámago, samo, moguelo.
  4. s m

    Parte íntima e máis profunda das cousas ou das persoas.

    Ex: O ámago das persoas podemos observalo cando as coñecemos.

    Sinónimos: alma, corazón, espírito, alma, corazón, esencia.

Palabras veciñas

amagat | Amagat, Émile-Hilaire | Amager | ámago | Amaia | Amaia | Amaía