corazón
(< lat corde)
-
-
s
m
[ANAT]
Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio. Os anélidos presentan un vaso ventral arterial, que leva o sangue dende a parte anterior do corpo á posterior, e un vaso dorsal venoso de retorno. Este sistema circulatorio, que tamén conta cunha extensa rede de capilares, presenta un órgano propulsor, denominado corazón accesorio, constituído por unha serie de vasos transversais que conectan os dous principais e que mediante movementos contráctiles impulsan o sangue polo corpo do animal, axudados polos pequenos vasos que dan lugar aos capilares, que tamén presentan unha acción propulsora. Os artrópodos e moitos grupos de invertebrados presentan un sistema circulatorio aberto que, en vez de vasos, amosa un sistema de cavidades, denominadas en conxunto hemocele, nas que se sitúan as vísceras do animal e nas que se distribúen os fluídos sanguíneos e os linfáticos, que reciben en conxunto o nome de hemolinfa, e que representa ata un 40% do volume corporal, fronte ao 10% do volume que pode acadar o sangue nos animais cun sistema circulatorio pechado. Neste caso presentan un corazón abdominal que propulsa a hemolinfa mediante movementos peristálticos cara a diante, a través dun rudimentario sistema arterial, ata a cabeza e logo entra no hemocele. Para manter o fluxo, moitos deles presentan corazóns auxiliares constituídos por vasos contráctiles. Dentro dos vertebrados, a tendencia evolutiva foi a da separación en dúas bombas á vez que conquistaban o medio terrestre. Así, o corazón dos peixes presenta dúas cámaras, unha aurícula e un ventrículo, que configuran un único circuíto dende o corazón ás branquias e dende estas ao resto do corpo para logo retornar ao corazón. Nos anfibios a aurícula está dividida en dous por un tabique, de xeito que a parte dereita recibe o sangue pobre en osíxeno procedente do corpo e a esquerda o sangue osixenado dos pulmóns, mentres só presentan un único ventrículo. A división do ventrículo, que xa aparece nalgúns réptiles como os crocodilos, complétase nas aves e nos mamíferos, de xeito que quedan separados os dous circuítos, o sistémico e o pulmonar. O corazón humano está constituído por unha masa contráctil, o miocardio, cuberta interiormente polo endocardio e exteriormente polo pericardio, irrigado polas arterias coronarias, esquerda e dereita, que nacen na aorta. As aurículas están separadas polo tabique interauricular e os ventrículos polo tabique interventricular. Os ventrículos comunícanse coas aurículas polos orificios auriculoventriculares e coas arterias aorta e pulmonar a través dos orificios arteriais, que dispoñen dunhas válvulas que regulan o paso do sangue. As propiedades fundamentais son: a produción rítmica e automática do seu propio estímulo, a transmisión deste estímulo, a excitabilidade ou capacidade de responder aos estímulos, a contractilidade, que orixina a expulsión do sangue, e a refractariedade, pola que o músculo cardíaco non responde aos estímulos durante a contracción. Sofre sucesivamente unha fase de contracción ou sístole, na que se impulsa o sangue, seguida dunha fase de dilatación ou diástole, que se producen a unha frecuencia variable. Esta actividade cardíaca produce sons que se poñen de manifesto mediante a auscultación ou a fonocardiografía, que van acompañados de fenómenos eléctricos rexistrados por medio da electrocardiografía.
-
s
m
[ALIM]
íscera comestible, aínda que non moi apreciada debido á dureza da carne do músculo. Emprégase en diversos pratos, sobre todo o de polo, año, porco ou tenreira. É protagonista en pratos como os anticuchos, moi apreciados polos peruanos, que consisten nunha brocheta de dados de corazón de tenreira mariñados que se cociñan na grella.
-
corazón artificial
[MED]
Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.
-
s
m
[ANAT]
-
s
m
Obxecto que presenta esa forma.
Ex: Comeu un corazón de chocolate da caixa.
-
s
m
-
Este mesmo órgano considerado como sede da afección, especialmente de amor, da sensibilidade, da bondade ou do sentimento moral. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces o corazón fala, aínda que a lingua cala. Bos corazóns matan penas. Corazón alegre, home sano. Corazón forte, a seu dono leva á morte. Corazón forte, creba cativa sorte. Corazón sinxelo non precisa coitelo. O corazón engana os vellos. O corazón maleado, non quere ser aconsellado. O corazón non fala, pero adiviña, aínda que cala. O corazón non sabe de traizón. O corazón nunca se engana. O corazón sen arte non maxina maldade. O corazón sen engano, nunca pensa no malo. Se o corazón fose de aceiro non o vencía o diñeiro”.
Ex: Ten un corazón de pedra por abandonala sen darlle explicacións.
-
Este mesmo órgano considerado como sede da forza de ánimo ou de coraxe.
Ex: Puxéronlle moita forza e corazón pero non foron quen de superar a proba.
-
-
s
m
-
Parte central dunha cousa, a máis agachada ou a máis esencial.
Ex: Temos que acceder ó corazón da computadora para arranxala.
-
Parte central da leituga e doutras hortalizas.
Ex: Prepararon para comer un repolo de corazón.
-
[BOT]
Parte interior dun froito pomáceo, de consistencia coriácea, que corresponde ao endocarpo.
-
[BOT]
Parte máis interna e dura do tronco dunha árbore.
Confrontacións: cerna, durame, cerna.
-
-
s
m
[TÉXT]
Excéntrica de forma de corazón, calculada e delineada xeometricamente, que transforma un movemento circular continuo noutro rectilíneo alternativo de velocidade constante, empregado en diversas máquinas téxtiles para comunicar movemento ao mecanismo pregado do fío.
-
[XOGO]
-
s
m
Un dos catro paos das cartas francesas, que se distingue polos corazóns que leva gravados.
-
s
m
Carta deste pao.
-
s
m
-
s
m
[HERÁLD]
abismo.
-
[TRANSP]
Punta que forman dous carrís de vías diferentes, nas encrucilladas e nos cambios de vía, no punto onde se cortan, para dar paso á pestana da roda.
-
[PAT]
Sobrecarga hemodinámica do ventrículo dereito que aparece como consecuencia de enfermidades que alteran o funcionamento e a estrutura do pulmón, con hipertensión do círculo menor. O corazón pulmonar agudo caracterízase por dor torácica, angustia, dispnea, desfalecemento e polos signos típicos da insuficiencia cardíaca dereita; a súa causa máis frecuente é unha embolia pulmonar que procede a miúdo dunha flebotrombose ou dunha tromboflebite das extremidades inferiores ou do abdome. O corazón pulmonar crónico caracterízase pola hipertrofia e a dilatación do ventrículo dereito, e produce hipoxemia e poliglobulia; aparece a miúdo a consecuencia dunha hipertensión arterial pulmonar provocada por broncopneumopatías crónicas.