sámago

sámago
  1. s m

    Parte interna máis branda das madeiras.

    Sinónimos: samo, moguelo. Confrontacións: sabugo.
  2. s m

    Parte máis branda do talo das plantas.

    Sinónimos: sabugo, samo, moguelo.
  3. s m [ANAT]

    Parte carnosa e delicada de debaixo das uñas das persoas e dalgúns animais.

    Sinónimos: sabugo, samo.
  4. s m [ZOOL]

    Parte interna do corno e dos pezuños dalgúns animais.

    Sinónimos: magolo, sabugo, samo, moguelo.