"Amenofis I" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Faraón (1379-1362 a C) do Imperio Novo, un dos últimos da XVIII dinastía. Fillo de Amenofis III e da raíña Tiy (ou Tiyi), tivo a coñecida Nefertiti como esposa principal. Non se sabe con certeza se cogobernou asociado ao trono do seu pai durante os catro primeiros anos do seu reinado. Residiu en Tebas e Malgatta. Durante o período inicial do seu goberno tentou facer chegar a un compromiso os sacerdotes de Ammón, que acadaran un gran poder fáctico nas estruturas de poder político do Imperio Novo. Ao non acadar o entendemento esperado, rachou con eles tralo seu primeiro xubileo. Seguindo o exemplo dos seus predecesores, tentou apoiarse nos servidores do Deus Sol de Heliópole, estando certos elementos da súa reforma, unha herexía de feito, inspirados no culto heliopolitán. Contra 1374, sexto ano do seu faraonado, sendo xa seguidor do deus Atón, cambiou o seu nome de Amenofis   polo de Akhenaton (‘Aquel en que se comprace Aton’ ou ‘útil para o disco solar’) e abandonou Tebas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo Faraón da XVIII dinastía (1546 - 1526 a C). Fillo de Amosis e de Amosis-Nefertiry, o seu faraonado representou a transición entre o do seu pai e o de Tuthmosis I. Ampliou o Imperio Exipcio de Nubia ata a illa de Sai. No Sinaí explotou as minas de turquesa. En Siria-Palestina deixou todo preparado para a campaña de Tuthmosis I. É famoso polas súas construcións (en Karnak, Dayr al-Bahri, Elefantina, Kawn Umbu e Abidos). Foi o primeiro faraón que separou a súa tumba do templo funerario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faraón da XVIII dinastía (1450-1425 a C). Fillo de Tuthmosis III e Meryetre Hatsepsut (distinta da Hatsepsut que foi Faraón). En tres campañas en Siria-Palestina, derrotou a sete reis de pequenos estados en Takhsy, ao S de Siria (1448); combateu en Mitanni, no centro de Siria (1444), e loitou en Palestina, preto da chaira de Esdreló (1442). Edificou pouco: en Nubia (Amada, Buhen e Semna), e en Exipto (Kawn Umbu, Aswan, Karnak e o Val dos Reis, onde se atopa a súa tumba). Tivo sona de home brutal e deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noveno Faraón da XVIII Dinastía (1417-1379 a C), un dos máis poderosos do antigo Exipto, que acadará con el a súa máxima expansión territorial. Fillo de Tuthmosis IV e de Mutemweya, casou con Tiy e tamén se desposou coa princesa mitanniana Gilukhepa, así como con algunhas fillas súas, como a princesa Sitamon, nai dos faraóns Smenkhkara e Tutankhamon. O seu reinado foi un dos máis brillantes do Exipto faraónico, como o testemuña a intensa actividade construtora (templos de Luxor, de Soleb, tumba no Val dos Monos, póla do Val dos Reis, Colosos de Mémnon, etc). Acentuou o culto a Atón, que predominaría en tempos do seu sucesor Akhenaton.

    VER O DETALLE DO TERMO