Amenofis I

Amenofis I

Segundo Faraón da XVIII dinastía (1546 - 1526 a C). Fillo de Amosis e de Amosis-Nefertiry, o seu faraonado representou a transición entre o do seu pai e o de Tuthmosis I. Ampliou o Imperio Exipcio de Nubia ata a illa de Sai. No Sinaí explotou as minas de turquesa. En Siria-Palestina deixou todo preparado para a campaña de Tuthmosis I. É famoso polas súas construcións (en Karnak, Dayr al-Bahri, Elefantina, Kawn Umbu e Abidos). Foi o primeiro faraón que separou a súa tumba do templo funerario.

Palabras veciñas

amenidade | amenizar | ameno -na | Amenofis I | Amenofis II | Amenofis III | Amenofis IV