"Anau" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Turkmenistán escavado dende 1904 por Pumpelly; serviu de base á teoría do oasis ou desecación para explicar a orixe da produción dos alimentos. Segundo esta teoría, por consecuencia do clima seco xeneralizado, os cazadores-recadadores víronse obrigados a reunirse arredor dos oasis e conquistar novos medios de subsistencia a través da domesticación das plantas e dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de alúmina hidratado, Al2O3 (SiO2)3· 2H2O, do grupo dos caolíns. É un produto da alteración dos anfíboles e dos piroxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filólogo lituano. É autor de estudios de filoloxía e dialectoloxía lituanas e de numerosos poemas, cos que iniciou a temática romántica no seu país. Entre outras obras publicou: Anykščiu Šilelis (O bosque de Anykščiai, 1858), Artoju giesmés (Cantos do labrego, 1860) e Kelioné Petersburgan (Viaxe a Petersburgo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros, da familia dos danaidos ao que pertence a monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña (86.300 h [1990]). Porto fluvial do Main, é un centro comercial de xoiería e de talla de diamantes, actividade que se remonta ao s XVI. Fundada polos romanos, recibiu o nome de Hanau en 1234 e incorporouse ao landgraviato de Hessen--Kassel en 1736.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Amazonas, Brasil, situada na confluencia do río Negro co Amazonas (1.394.724 h [2000]). É o centro comercial máis importante da Amazônia e o primeiro do Amazonas. Posúe refinerías de petróleo e aeroporto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • metanauplius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larval dos copépodos, que se dá despois da fase nauplius e antes da fase adulta.

    VER O DETALLE DO TERMO