Anau
Anau
Xacemento arqueolóxico do Turkmenistán escavado dende 1904 por Pumpelly; serviu de base á teoría do oasis ou desecación para explicar a orixe da produción dos alimentos. Segundo esta teoría, por consecuencia do clima seco xeneralizado, os cazadores-recadadores víronse obrigados a reunirse arredor dos oasis e conquistar novos medios de subsistencia a través da domesticación das plantas e dos animais.