Temas

Alalakh

Xacemento característico da cultura hurrita, no val de Orontes, actualmente no il de Hatay (Turquía), coñecido como Tell Açana.

Máis >
Madeleine, La

Xacemento prehistórico situado no departamento de Dordogne (Francia), que deu nome ao Madaleniano. Atopáronse diversos intrumentos feitos en cornamenta de reno.

Máis >
Bhagatrar

Xacemento arqueolóxico da India, situado por riba do golfo de Khambhat. Marca, xunto cos xacementos de Telod e Megham, o límite meridional da cultura do Indo.

Máis >
Alakha Hüyük

Xacemento arqueolóxico da Anatolia, a uns 30 km de Bogazköy, no val do río Kizilirmak. Consta de dous grandes complexos: o inferior, do III milenio a C e o superior, da época hitita clásica.

Máis >
Abbeville

Xacemento arqueolóxico situado nas terrazas fluviais do río Somme, preto da cidade de Abbeville (Picardía, Francia) descuberto polo prehistoriador Boucher de Perthes en 1844. A partir do estudo dos útiles sobre seixos alí descubertos, asociados a unha fauna xa extinguida, demostrou a antigüidade da presenza humana sobre a Terra. Posteriormente, o prehistoriador Henri Breuil sistematizou o Abbevillense baseándose no conxunto lítico de Abbeville.

Máis >
Hadda

Xacemento arqueolóxico de Afganistán, pertencente á actual Jalālābād. Antigo centro monástico budista, conserva vestixios de santuarios con restos de frescos e esculturas de estilo grecobúdico (ss IV - II a C).

Máis >
Faistós

Xacemento arqueolóxico minoico situado na chaira de Messara, en Creta. Únese a Knossos, ao N, por unha calzada. Escavouse un palacio de planta cun patio central con edificios ao seu redor. Ten dúas etapas construtivas, a máis recente comprende entre o Minoico Medio III e o Minoico Recente II.

Máis >
Barranco León

Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (1,8 M a) sobre un nivel lacustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos restos de animais parcialmente removidos, asociados a un conxunto de sílex no que predominaban as pequenas lascas, aínda que tamén se detectou a presenza de núcleos e manuportes. A análise espacial do xacemento demostra a existencia de dous solos diferentes, no primeiro deles establécese unha clara relación entre as industrias líticas e os restos dun hipopótamo. Así mesmo, nesta localidade arqueolóxica detectouse un molar humano.

Máis >
Bahl

Xacemento da India, a súa completa estratigrafía permitiu o estudo do eneolítico na Península Índica.

Máis >
Loading