Madīnat Habu
Madīnat Habu
Xacemento arqueolóxico exipcio situado na zona de Tebas, na marxe occidental do río Nilo, escavado a partir de 1920. O máis destacable é o templo funerario de Ramsés III, un dos máis importantes do seu xénero, que manifestou algunhas particularidades arquitectónicas, como a fortaleza de tipo sirio que se construíu como porta sudoriental do muro que pecha o xacemento. Comprende ademais, dous patios decorados con columnas e diversas salas hipóstilas. Conserva restos do palacio de Ramsés III.