Santomé, castro de

Santomé, castro de

Xacemento situado en Ourense. A data de ocupación fixouse entre os ss I e III con posible continuidade ata o s V. Estaba defendido por tres murallas, que albergaban no interior as vivendas, das que destacan unha edificación organizada arredor dun pórtico central con dúas escadas que daban acceso a un piso superior e a un piso inferior, dividido en seis estancias. Esta vivenda estaba dotada dun sistema de calefacción. Noutro sector, apareceu unha edificación constituída por varias estancias rectangulares e un pórtico que actuaría como patio interior, semellante ao atrium dunha casa romana. Dos restos materiais destaca a cerámica sigillata ou común, fragmentos de vidro e moedas de diferentes cronoloxías.