Beycesultan

Beycesultan

Xacemento arqueolóxico situado á beira dereita do curso alto do río Meandre, Asia Menor. Deu unha serie de niveis dende o Calcolítico ata ao s XII a C. As etapas máis notables son a do Bronce Medio, contemporánea da do Karum de Kültepe e da de Troia VI, e outra etapa contemporánea do imperio hitita.